Historia: Casa do Arxentino

Parroquía de Serantes

A História da Casa  do Arxentino

A História da Casa do Arxentino

Para coñecer a historia da Casa do Arxentino debemos realizar un longo e confuso percorrido polo tempo, remontándonos ata o século XIX. O pórtico de pedra e os azulexos decorados no remate superior das fachadas evocan elementos arquitectónicos típicos do historicismo que sitúan a súa orixe baixo unha clara influenza andaluza ou portuguesa. Esta última parece cobrar máis peso, xa que o primeiro propietario que se coñece era un veciño da parroquia de Serantes, natural de Portugal. No ano 1841, Xosé Cividanes Español merca, xunto cun irmán, varias propiedades no lugar, entre as que figura a “Finca do Arxentino”, onde edificará unha construción singular moi semellante á actual lindando cunha horta amurallada de árbores froiteiras, dende onde se podía escoitar o son dunha fonte de pedra.

A História da Casa  do Arxentino

No 1864, Cividanes vende a totalidade da finca a Fermín Rubio Ledesma, procedente de Madrid. Vintetrés anos despois, o novo dono morre e lega a propiedade á súa dona, quen a venderá seis meses despois a unha das súas fillas, Adelaida Rubio Costas. Durante a súa estancia realiza diversas melloras na casa respectando a estrutura orixinal da mesma.

A comezos do século XX, en 1904, un acaudalado lugués chamado Eduardo Castillo Silva, posuidor dunha fortuna amasada en América, compra a finca para destinala a residencia de veraneo da súa familia. Nesta época aparece, por prime ira vez, a denominación de “Casa do Arxentino”, debido quizais á orixe emigrante do seu dono. O edificio vive anos domados e de esplendor, converténdose en testemuña da vida bohemia e vangardista dos seus inquilinos, artistas e intelectuais que representan a incipiente riqueza cultural da España da posguerra.

A História da Casa do ArxentinoNo ano 1929, Eduardo Castillo véndelle a propiedade á súa filla María de las Mercedes, solteira e veciña de Málaga, que converterá a casa e os xardíns en motivo de envexa e admiración dos seus veciños. Cando morre, no 1962, lega a propiedad e a unha amiga súa, que a venderá, un ano despois, dividida en catro.

A partires de aquí, a Casa do Arxentino vai esmorecendo, chegando a ser saqueada en numerosas ocasións, o que a levaría a un estado completamente ruinoso.

A História da Casa do ArxentinoNo ano 1995, o Concello de Oleiros asina un convenio urbanístico que posibilita a recuperación deste singular edificio, situado no centro de Mera nun ámbito de 1.790 m2 destinados a praza pública e adecuación da vivenda, que o Concello de Oleiros converterá nun pequeno hotel con encanto. Para elo, o consistorio sacará, nos vindeiros meses, a concurso público a súa explotación coa intención de revitalizar así o interese turístico da localidade de Mera.

FUENTE: A HERDANZA DO POBO
CONCELLO DE OLEIROS